Mary Gaitskill, nada en Lexington (Kentucky) o 11 de novembro de 1954, é unha escritora estadounidense. As súas obras apareceron en The New Yorker, Harper's Magazine, Esquire, The Best American Short Stories (1993, 2006, 2012), e The O. Henry Prize Stories (1998, 2008).
Traxectoria
Asistiu á Universidade de Míchigan, onde obtivo a súa licenciatura en letras e un premio Hopwood. En San Francisco vendeu flores. Nunha conversación co novelista e escritor de contos curtos Matthew Sharpe para a revista BOMB, Gaitskill dixo que elixiu converterse en escritora aos 18 anos porque estaba «indignada coas cousas, foi a típica sensación adolescente de que hai cousas malas no mundo e eu debía dicir algo». Amais, no seu ensaio Revelation contou que volveu ser cristiá aos 21 anos e o seu afastamento da relixión despois de seis meses.[1]
Casou co escritor Peter Trachtenberg en 2001, de quen se separou en 2010.[2] Viviu en Nova York, Toronto, San Francisco e no condado de Marin, California. Reside en Brooklyn.
Obraa
- Bad Behavior (contos, 1988)
- Two Girls, Fat and Thin (novela, 1991)
- Because They Wanted To (relatos, 1997)
- Veronica (novela, 2005)
- Don't Cry (relatos, 2009)
- The Mare (novela, 2015)
Notas