Martin Hägglund, nado o 23 de novembro de 1976 en Sollentuna (Estocolmo), é un filósofo[1] sueco e estudoso da literatura modernista.[2] É profesor de Literatura Comparada e Humanidades na Universidade Yale.[3] É tamén membro da Harvard Society of Fellows, na que foi socio Junior de 2009 a 2012.[4] É o autor de Kronofobi: Essäer om tid och ändlighet (2002), Radical Atheism: Derrida and the Time of Life (2008), Dying for Time: Proust, Woolf, Nabokov (2012) e This Life: Secular Faith and Spiritual Freedom (2019).
Obras
Radical Atheism (2008)
Radical Atheism é unha intervención centrada esenciamente na deconstrución. Detalla a xeito de novela unha recensión do pensamento de Jacques Derrida sobre o tempo e o espazo, a vida e a morte, o ben e o mal, o propio e o alleo. De acordo con Hägglund, todos os nosos compromisos implican un investimento e uns coidados para unha vida finita. Mediante a deconstrución da noción do tempo, Hägglund mostra de que xeito reconsidera Derrida a constitución de identidade, a ética, a relixión e a emancipación política de acordo co feito do tempo ser finito.
Dying for Time (2012)
Dying fot Time ofrece novos puntos de vista da cuestión da temporalidade na obra de Marcel Proust, Virginia Woolf e Vladimir Nabokov. Por medio dunha relación entre Sigmund Freud e Jacques Lacan, Hägglund desenvolve amais unha teoría propia da relación entre o tempo e o desexo ("chronolibido"), en que trata temas coma o dó e a melancolía, o pracer e a dor, ou o apego e a perda.
This Life (2019)
Nesta obra, Hägglund realiza unha crítica do ideal relixioso da eternidade e reconcibe a fe, no aspecto secular, como a forma fundamental de compromiso práctico. Mediante novas interpretacións do pensamento de G.W.F. Hegel, Karl Marx e Martin Luther King, Hägglund desenvolve as participacións sociais e políticas da súa análise da nosa existencia temporal, e argumenta que o traballo concibido dende a perspectiva do capitalismo aliena a nosa vida finita.
A través da reivindicación de reconsiderarmos os nosos valores, Hägglund presenta unha visión de socialismo democrático como modo de vida post-capitalista. Dese xeito poderiamos posuír o noso tempo de xeito real e recoñecer a nosa liberdade compartida.
Recoñecementos
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas