María Marta Álvarez Montes, nada na Coruña o 30 de outubro de 1943, é unha política galega vinculada ao PPdeG.
Traxectoria
Licenciada en Ciencias da Información e Historia, profesora do Instituto García Barros da Estrada.
Militante do Partido Popular de Galicia foi concelleira en Santiago de Compostela e senadora designada pola Comunidade Autónoma logo das eleccións xerais de 1993. Revalidou o seu posto nas eleccións de 1996, pero dimitiu en 1997 para ser substituída por Vitorino Núñez. Tamén foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2001 e 2005.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos