Marta Tejedor

Modelo:BiografíaMarta Tejedor

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de decembro de 1968 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
As Palmas de Gran Canaria, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Birmingham City L.F.C.

Marta Tejedor Munuera, nada nas Palmas de Gran Canaria o 28 de decembro de 1968, é unha exfutbolista e adestradora de fútbol española. Entre 2007 e 2011 foi adestradora da selección feminina de fútbol de Chile. Tamén dirixiu a selección feminina de fútbol do Perú, e no presente forma parte da dirección do equipo de fútbol feminino español CD Tacón.[1]

Traxectoria

Comezou a practicar o fútbol a temperá idade. Aos 17 anos realizou o seu último curso no Pomona High School en Denver, Estados Unidos, escola onde integrou a selección feminina de fútbol. Ó seu regreso a España estudou Educación Física na Universidade Politécnica de Madrid, ó mesmo tempo que realizou a preparación para ser adestradora, da que egresou en 2000 como a mellor da súa promoción.[2][3]

Dirixiu o Club Atlético de Madrid Feminino nas tempadas 2002-2003 e 2003-2004. O 14 de xuño de 2007 foi presentada como adestradora da Selección feminina de fútbol de Chile polo presidente da Asociación Nacional de Fútbol Profesional Harold Mayne-Nicholls. Tralos Xogos Panamericanos de 2011, onde a selección foi eliminada na fase de grupos, Tejedor foi sacada do cargo pola ANFP.[4]

Posteriormente, e na súa calidade de instrutora de fútbol feminino pola FIFA foi asesora en países como Guinea Ecuatorial, Rusia e Israel.[5]

Notas

  1. Libero.pe (ed.). "Juegos Bolivarianos: Marta Tejedor, una seleccionadora de fútbol que dista mucho de ser ‘Mala Mala’". Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2013. Consultado o 10 de xaneiro de 2019. 
  2. ""Es un proyecto apasionante y por eso no dudé en aceptar la propuesta"". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2019. Consultado o 10 de xaneiro de 2019. 
  3. "Española Marta Tejedor dirigirá selección femenina Sub'20 de Chile" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2013. Consultado o 10 de xaneiro de 2019. 
  4. "ANFP despide a Marta Tejedor del seleccionado chileno femenino". Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2016. Consultado o 10 de xaneiro de 2019. 
  5. "Española Marta Tejedor: "El fútbol femenino generó un cambio cultural en Chile"". 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!