Markieff Morris, nado o 2 de setembro de 1989 en Filadelfia, Pensilvania, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Dallas Mavericks da National Basketball Association (NBA). Antes de ser profesional xogou na Universidade para os Kansas Jayhawks.
Traxectoria
O 23 de xuño de 2011, Morris foi elixido na 13ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Phoenix Suns.[1] O 29 de setembro de 2014, Morris e os Suns asinaron unha extensión do seu contrato.[2]
O 18 de febreiro de 2016, Morris foi traspasado ós Washington Wizards a cambio de DeJuan Blair, Kris Humphries e unha elección da primeira rolda do Draft de 2016.[3]
O 7 de febreiro de 2019, Morris foi traspasado xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2023 ós New Orleans Pelicans, a cambio de Wesley Johnson.[4] Ó día seguinte foi cortado polos Pelicans.[5]
O 20 de febreiro de 2019, Morris asinou cos Oklahoma City Thunder.[6]
O 6 de xullo de 2019, Morris asinou cos Detroit Pistons.[7] O 21 de febreiro de 2020, Morris e os Pistons chegaron a un acordo para a rescisión do seu contrato.[8]
O 23 de febreiro de 2020, Morris asinou cos Los Angeles Lakers.[9] Na tempada 2019-20, Morris conseguiu cos Lakers o seu primeiro anel de campión da NBA, despois da vitoria por 4-1 nas Finais da NBA contra os Miami Heat.
O 6 de agosto de 2021, Morris asinou cos Miami Heat.[10]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|
|
---|
- Adestrador: Frank Vogel / Adestradores asistentes: Quinton Crawford
- Phil Handy
- Lionel Hollins
- Jason Kidd
- Mike Penberthy
- Miles Simon
|
|