Na súa xuventude, Under estudou nunha escola alemá para rapazas. Tralo seu grao, traballou como vendedora nunha librería. No seu tempo libre, escribía poesía en alemán. En 1902, casou con Carl Hacker, un contable estoniano. A parella tivo dous fillos e viviu en Kutshino, arrabalde de Moscova. Porén, en 1904, namorouse do artista estoniano Ants Laikmaa. Laikmaa foi quen a convenceu para que traducise as súas poesías á lingua estoniana, enviándoas posteriormente para seren publicadas en xornais locais.
Volta a Estonia
En 1906, Under volveu a Talín. En 1913, coñeceu a Artur Adson, quen se converteu no seu secretario. El foi quen recompilou por primeira vez as súas escolmas de poemas e as publicou nunha serie de volumes. En 1924, Under divorciouse de Carl Hacker e casou con Adson.
Emigración
A comezos do mes de setembro de 1944, a URSS ocupou a Estonia independente. Under e a súa familia víronse obrigados a emigraren a Suecia. Alá, pasaron preto dun ano nun campo de refuxiados. Un ano despois, en 1945, a familia mudouse a Mälarhöjden, suburbio de Estocolmo, Suecia, onde Under viviu ata a súa morte, o 25 de setembro de 1980. A escritora atópase soterrada no cemiterio de Estocolmo.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Kiin, Sirje (2000). "Marie Under". ELM: Estonian Literary Magazine(en inglés) (11). Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2002. Consultado o 28 de maio de 2008.