Marcelino Pasín Noya, nado en Santiago de Compostela o 2 de xuño de 1901 e finado na mesma cidade o 22 de setembro de 1936, foi un sindicalista galego.
Traxectoria
Fillo de José Pasín Romero. Afiliado socialista e de ideas sindicalistas. Era Xefe da Estación de Santiago de Compostela en 1936. Organizou o bloqueo da estación os días posteriores ao golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 impedindo a saída de trens. Foi encarcerado o 28 de agosto, foi xulgado en consello de guerra o 17 de setembro e sentenciado á pena de morte. Foi executado nas inmediacións do cemiterio de Boisaca de Santiago de Compostela o 22 de setembro con Manuel Tarrío Requejo, Maximino Martínez Pomar, José Ramón Oubiña González, Segundo González Davila e Manuel Boo López.[1]
Notas
- ↑ El Eco de Santiago, 22-9-1936, p. 2.
Véxase tamén
Bibliografía
- Lamela García, Luis (2005). 1936, la 'Cruzada' en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares. Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-186-9.
Outros artigos
Ligazóns externas