Manuel Álvarez Silva, nado en Vigo cara a 1908 e finado en Vilagarcía de Arousa o 9 de novembro de 1938, foi un político galego.
Albanel de Lavadores. Afiliado ao PCE, desempeñaba un cargo orgánico no partido en 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e refuxiouse en Abalo (Catoira), de onde era a familia da súa muller. Construíu un refuxio na palleira da casa familiar onde se agochaba. Sorprendido no Monte Lobeira, foi asasinado. Foi soterrado no cemiterio na parroquia de Cornazo xunto con Perfecto Allo Sabor tamén asasinado no monte Lobeira.[1]
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica escavou a fosa no cemiterio de Cornazo e topou os seus restos en 2009.[2][3]
Casou con Rosa Taibo Varela e foi pai de Carmen, Manuel e Elvira Álvarez Taibo.