Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Manuel Porto Verdura (1876-1937)

Modelo:BiografíaManuel Porto Verdura
Biografía
Nacemento21 de decembro de 1876 Editar o valor en Wikidata
Nigoi, España Editar o valor en Wikidata
Morte1937 Editar o valor en Wikidata (60/61 anos)
A Habana, Cuba Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor, filántropo Editar o valor en Wikidata

Manuel Porto Verdura, nado en Parafita (Nigoi, A Estrada) o 21 de decembro de 1876 e finado na Habana en 1937, foi un empresario e filántropo galego.

Traxectoria

Aos 16 anos emigrou a Cuba. Traballou como vendedor de periódicos e despois como empregado nunha fábrica de vasoiras. Despois fundou o seu propio negocio co nome El Águila de Nigoi, dedicándose á fabricación de vasoiras e cepillos. Investiu parte da súa fortuna na construción de edificiós singulares na vila da Estrada e intentou construír un hotel. A partir de 1934 foi o propietario de case todas as empresas eléctricas que prestaban servizo na Estrada e as parroquias da súa contorna. Foi presidente do Centro de Emigrados da Estrada.[1]

Recoñecementos

En 1931 o concello da Estrada dedicoulle unha rúa (a antiga rúa Riestra).[2] No franquismo a rúa foi designada como Calvo Sotelo, denominación que aínda perdura.

Notas

  1. El Emigrado, 16-1-1933, p. 2.
  2. El Emigrado, 31-10-1931, p. 2.

Véxase tamén

Bibliografía

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya