Manel Fuentes Muixí, nado en Barcelona o 14 de xaneiro de 1971, é un xornalista catalán que desenvolveu a súa traxectoria profesional, esencialmente, como presentador de radio e televisión, tanto no ámbito catalán como a nivel estatal. Até finais de xullo de 2009 presentou o espazo Problemes domèstics de RAC1. Dende o mes de setembro dese mesmo ano ocupou a dirección e exerceu como presentador de El matí de Catalunya Ràdio; o 7 de xullo de 2013 anunciou a súa marcha[1].
Carreira televisiva
- Crónicas marcianas (1997-2001), de Telecinco.
- La noche... con Fuentes y cía (2001-2005), de Telecinco.
- Caiga quien caiga (2005-2008), de Telecinco.
- Desafío bajo cero (2006)
- Premios TP de Ouro (2009), de LaSexta, con Eva González.
- Malas compañías (2009), de LaSexta.
- Tu cara me suena (2011-presente), de Antena 3.
- Menuda Noche (2012) (como convidado, de Canal Sur TV.
- El número uno (2013) (Substitución no segundo programa), de Antena 3.
- Premis Goya, 28ª edición (2014) (Presentador), de La 1.
Filmografía
Cinema
Series de televisión
Obra literaria
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas