Magnitude astronómica

En astronomía, magnitude é a medida do brillo dunha estrela. Os antigos astrónomos gregos chamaban estrelas de primeiro tamaño (primeira magnitude), ás estrellas máis brillantes que aparecían despois do ocaso solar e ás últimas que desaparecían tras a saída do Sol e, sucesivamente, estrelas de segundo tamaño (segunda magnitude), terceira magnitude etc. até as estrelas de sexta magnitude, as estrelas visíbeis só con escuridade total.

No século II a.C., o astrónomo e matemático grego Hiparco de Nicea reuniu un catálogo de case 1000 estrelas apreciábeis a simple vista, agrupándoas en seis categorías ás que denominou magnitudes. As máis brillantes foron clasificadas como de primeira magnitude, e as máis tenues como de sexta magnitude.

Esta clasificación segue empregándose na actualidade, aínda que con modificacións. A máis significativa foi introducida no século XIX polo astrónomo inglés Norman Pogson.

Escala de magnitudes

A moderna escala de magnitudes, perfectamente establecida, baséase no brillo das estrelas nunhas condicións determinadas. En xeral, cando o brillo dunha estrela é 100 veces maior que o doutra, a súa magnitude é 5 unidades menor. Así, cando a magnitude aumenta en 1 o brillo diminúe en (100)1/5, é dicir, en 2,512. Debido a que a escala de magnitudes se establece con base nun cociente de brillos, os brillos seguen unha progresión xeométrica mentres que as magnitudes seguen unha progresión aritmética. Isto faise por dous motivos: por acercarse á antiga clasificación grega de "tamaños" e por seguir a lei fisiolóxica de Norman Pogson.

A escala actual de magnitudes axustose para que coincida o máis aproximadamente posíbel coa magnitude dos antigos gragos, sempre e cando se utilice o ollo humano para medir a magnitude, o que se chama magnitude visual.

Magnitude
0 ---
1 2,512
2 6,310
3 15,851
4 39,818
5 100,022
6 251,257

O brillo dunha estrela diminúe coa distancia e coa absorción interestelar, así que as magnitudes medidas desde a Terra son só magnitudes aparentes.

Outros tipos de magnitudes

Hai outros tipos de magnitudes:

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!