LunaJets é unha empresa privada de alugueiro de avións de negocios, fundada en 2007 por Eymeric Segard en Xenebra (Suíza), onde ten a súa sede. Ten oficinas tamén en Londres, París, Mónaco, Riga e Dubai.
A compañía non posúe ningún avión en propiedade; o seu modelo de negocio consiste en conectar os operadores e propietarios de avións privados con clientes finais. Ao longo dos anos, LunaJets desenvolveu unha rede global de 350 operadores con acceso a 4.800 avións,[2] tanto turbohélices coma jets a reacción que varían en tamaño, desde very light jets, coma o Cessna Citation Mustang, ata avións VIP, coma os Boeing Business Jet (BBJs) ou os Airbus Corporate Jets (ACJs).
LunaJets foi fundado en decembro de 2007 por Eymeric Segard,[3] antigo publicista da axencia Ogilvy, tras lograr reunir dous millóns de dólares de investidores privados. O concepto inicial era crear unha plataforma en liña para proporcionar "voos baleiros" (empty-leg flights),[4] e "asentos baleiros" de última hora en avións privados que voan baleiros, cun desconto sobre o prezo de mercado que poden alcanzar o 75%. Estes "voos baleiros" son avións que transitan sen pasaxeiros debido á necesidade de reposicionarse ou volver á súa base, entre outras razóns.
Nese momento o empresario Richard Branson, xunto con Scott Duffy,[5] lanzou un proxecto similar chamado Virgin Charter, onde se potenciaba o jet-sharing (compartir avión privado) e a revenda de asentos, modelos de negocio que LunaJets non compartiu.[6] Virgin Charter, que nese momento empregaba a 100 persoas, detivo as súas operacións en 2009 cando o alugueiro de avións privados caeu drasticamente debido á crise financeira. Nese mesmo ano 2009, LunaJets lanzou o seu sitio web, especializado en servizo completo e baixas comisións en voos privados baixo demanda.
En 2010, LunaJets rebautizouse como provedor de voos chárter de baixo custo baixo o slogan “fly private at the best price” (voa en privado ao mellor prezo), ofrecendo voos a demanda e voos baleiros (empty-legs). Ese mesmo ano abriron unha oficina en Hungría.
En 2015 lanzaron a súa app para móbiles,[7] presentada pola cadea CNBC coma o Uber da aviación privada. Ese mesmo ano, LunaJets abriu unha sucursal dentro da terminal de jets privados en Olbia (Italia) e en Dubai, así coma unha nova oficina en Ibiza. Neste momento a empresa contaba cuns 25 empregados.
En 2017 a empresa superou os 40 empregados, contando 20 nacionalidades e 12 idiomas. LunaJets alcanzou os 60 millóns de francos suízos en vendas anuais en 2018, o que representa un aumento do 40% con respecto ao ano anterior.[8] Además, en 2018 a empresa organizou preto de 5.000 voos, un 35% máis ca o ano anterior.[8] Ese mesmo ano foi a primeira vez que a revista económica Bilan premiou á empresa como mellor empregador do ano. O crecemento da compañía foi notable: En 2010 venderon unhas 550 prazas e contaban cuns 10 empregados e para 2019 xa subiran a 6.000 voos e uns 50 empregados.
En 2021, LunaJets alcanzou os 100 millóns de francos suízos en vendas anuais, máis de 8.000 voos organizados e 60 empregados repartidos en seis oficinas: Xenebra, París, Londres, Riga, Mónaco e Dubai. Ese mesmo ano superou a cifra de máis de 1.100 novos clientes que cobren voos de longo alcance en todos os continentes,[9] así como operou voos chárter de urxencia desde Cabul. Na actualidade lidera os servizos de jet chárter en Europa.[10]
Modelo de negocio
O modelo de negocio de LunaJets baséase en alugar jets privados ofrecendo os mellores prezos do mercado. A súa función é poñer en contacto os propietarios dos avións de negocios cos clientes finais. Para poder ofrecer os mellores prezos baséanse no poder adquisitivo e nunha tecnoloxía propia desenvolvida polo equipo, que lles permite ofrecer un servizo 24 horas.
Filiais
LunaJets pertence ao grupo Luna Aviation. Dentro do grupo atópase LunaSolutions, especializada na venda e adquisición de aeronaves; LunaGroup Charter, para grupos grandes de pasaxeiros e LunaLogistik, especializada en voos de carga e urxencias médicas.[11]
LunaSolutions
LunaSolutions, fundada en 2020, ofrece un servizo personalizado a aqueles que desexen vender ou intercambiar avións privados.[12] Estes poden ser clientes privados, corporativos ou incluso gobernos. O obxectivo é brindarlles o asesoramento axeitado e individualizado para a adquisición ou venda de jets privados. As súas oficinas ubícanse en Xenebra, Londres e París.[12] Grazas á experiencia de máis de 10 anos de LunaJets no sector, o coñecemento sobre aeronaves é moi completo e avanzado para unha solución a medida de cada cliente.
LunaGroup Charter
LunaGroup Charter funciona de maneira similar a LunaJets, dedicado á localización de avións privados pero para grupos grandes, cos mesmos principios de efectividade e transparencia, adaptando as necesidades do grupo na busca da mellor solución para calquera destino e lugar de partida. En 2022, LunaGroup Charter bateu o récord de 5.500 pasaxeiros voando o mesmo día para o Torneo das Seis Nacións de rugby.[13]
LunaLogistik
LunaLogistik adícase a axudar a clientes particulares e corporacións co servizo de transporte e envío de mercadorías por vía aérea. Estas cargas poden ser desde valiosas obras de arte, documentos importantes, produtos perigosos, ou mercadorías grandes e pesadas. As oficinas atópanse en Xenebra e Londres.[14]
Certificacións e asociacións
LunaJets conta coa certificación ARGUS,[15] o símbolo de excelencia máis respectado dentro da industria da aviación, sendo unha filial do grupo francés SGS. En 2015 foi a primeira empresa de voos chárter en obter esta certificación fóra dos Estados Unidos, renovada dous anos máis tarde.[15]
En 2018 a revista financeira suíza Bilan recoñeceu a LunaJets coma "Mellor empregador de Suíza", para empresas emerxentes con menos de 100 empregados.[16] En 2021 recibiu o premio por cuarta vez.[17]
LunaJets pertence a The Air Charter Association como axente certificado de ARGUS.[19] Esta certificación está plantexada para promover maiores niveis de seguridade e atención ao cliente.[19] Ofrecen consultoría de aviación, estándares de auditoría global e analítica aeronáutica.
En 2017, anunciaron o seu apoio á World Bicycle Relief, organización sen ánimo de lucro que reparte bicicletas a nivel global, como parte do seu programa de responsabilidade social corporativa.[21] Un ano máis tarde renovaron o seu compromiso coa organización.[22]
Ese mesmo ano patrocinaron un catamarán de aluminio easy-to-fly chamado Luna.[23] En 2018, foi o primeiro easy-to-fly en gañar a carreira Bol d'Or Mirabaud, no lago Léman de Xenebra.
En 2018 anunciouse o patrocinio durante tres anos das viaxes e regatas de Alan Roura, a bordo do veleiro IMOCA La Fabrique.[23]
En 2022 LunaJets converteuse no patrocinador da Scuderia Monte-Carlo (filial de Ferrari en Mónaco) para o campionato Ferrari Challenge en Europa e apoiando á Fundación Eden, para a construción dun orfanato e unha escola en Cotonou (Benín). O seu piloto, o monegasco Willem van der Vorm, venceu o campionato de 2021.[24]
Frota
A frota á que ten acceso LunaJets, dentro das categorías Very Light Jets (en xeral, de 4-5 asentos), Light Jets (5-8 asentos), Super Light Jets (6-8 asentos), Midsize Jets (6-9 asentos), Super Midsize Jets (7-9 asentos), Large Jets (10-12 asentos), Super Large Jets (12-15 asentos), Long Range Jets (12-15 asentos), Turboprops, VIP Airliner e Regional Jet Airliner; está formada polas seguintes aeronaves:[25]