Luis Chacón

Modelo:BiografíaLuis Chacón

Luis Chacón coa selección galega en 2024 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de maio de 2000 Editar o valor en Wikidata (24 anos)
Pontedeume, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2016–2023   Racing de Ferrol (dianteiro)60(6)
2019, 2021– cesión   UD Somozas 58(10)
2023–2024   Club Deportivo Arenteiro 36(10)
2024–   Deportivo da Coruña 0(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2024–   Galicia 1(0)

Luis Rodríguez Chacón, coñecido como Luis Chacón, nado en Pontedeume o 30 de maio de 2000, é un futbolista galego que xoga como dianteiro e extremo esquerdo na Cultural Leonesa, da Primeira Federación, cedido polo Deportivo da Coruña.

Traxectoria

Formado como futbolista na canteira do Racing de Ferrol, debutou co primeiro equipo con só 16 anos, nun encontro da Segunda División B ante o Somozas. Despois de dous anos e medio máis no xuvenil, nas tempadas 2019/20 e 2020/21 foi cedido ao propio equipo das Somozas, que para entón xogaba xa na Terceira División.[1] Disputou un total de 58 partidos co club, co que marcou 10 goles e disputou unha promoción de ascenso.

Na tempada 2021/22 incorporouse ao primeiro equipo do Racing de Ferrol, na nova Primeira División RFEF.[2] Xogou no primeiro equipo ferrolán dúas campañas, sendo un xogador importante sobre todo na segunda delas, na que o club conseguiu regresar á Segunda División despois de 15 anos de ausencia, tras proclamarse campión do Grupo I de Primeira RFEF. Chacón contribuíu con 29 partidos de liga e 5 goles.[3]

En agosto de 2023 fichou polo Arenteiro, que viña de ascender á Primeira Federación.[4] Titular indiscutible na súa única tempada no Carballiño, marcou 10 goles, sendo o máximo goleador e un dos xogadores máis destacados do equipo, que acadou unha sorprendente oitava praza na liga.[5]

En xullo de 2024 asinou un contrato por catro anos co Deportivo da Coruña, converténdose na primeira fichaxe do club no seu regreso á Segunda División despois de catro tempadas na terceira categoría.[5] Con todo, despois de realizar a pretempada co equipo, saíu cedido en agosto á Cultural Leonesa, da Primeira Federación.[6]

Selección galega

Foi convocado pola selección galega para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).[7]

Notas

  1. "Luis Chacón tendrá ficha con el Racing de Ferrol" (en castelán). 24 de agosto de 2021. Consultado o 8 de maio de 2024. 
  2. "De Luisiño a Luis Chacón: visión y paciencia avalan la metamorfosis del jugador del Racing de Ferrol". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de marzo de 2023. Consultado o 8 de maio de 2024. 
  3. De la Barrera, Elba (22 de junio de 2022). "Luis Chacón, la incógnita a despejar en el Racing: «Busco profesionalizarme; todo para seguir aquí»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 8 de maio de 2024. 
  4. "Luis Chacón se suma al proyecto del Arenteiro". La Región (en castelán). 24 de agosto de 2023. Consultado o 8 de maio de 2024. 
  5. 5,0 5,1 "El mediapunta Luis Chacón firma por el Deportivo hasta 2028". DxT Campeón (en castelán). 12 de xullo de 2024. Consultado o 14 de xullo de 2024. 
  6. "Luis Chacón, cedido á Cultural Leonesa". 30 de agosto de 2024. Consultado o 2 de setembro de 2024. 
  7. "CRÓNICA. A selección galega non pode cunha dura Panamá". Nós Diario. 31 de maio de 2024. Consultado o 1 de xuño de 2024. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!