Louis Perrée, nado en París o 25 de marzo de 1871 e finado en Ivry-la-Bataille o 1 de marzo de 1924, foi un tirador de esgrima francés, gañador dunha medalla olímpica.
Traxectoria
Participou nos Xogos Olímpicos de 1900 na proba individual de espada logrando a medalla de prata tras perder co cubano Ramón Fonst na final.