Louis Botha

Modelo:BiografíaLouis Botha

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de setembro de 1862 Editar o valor en Wikidata
Greytown, Suráfrica (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte27 de agosto de 1919 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Pretoria, Suráfrica Editar o valor en Wikidata
Causa da mortegripe de 1918
gripe Editar o valor en Wikidata
Prime Minister of South Africa (en) Traducir

← sen valor – Jan Christiaan Smuts → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoSouth African Party (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata
ConflitoSegunda guerra bóer
Primeira guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAnnie Botha Editar o valor en Wikidata
PaiLouis Botha Editar o valor en Wikidata
IrmánsChristiaan Botha Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Enciclopedia militar Sytin Editar o valor en Wikidata
Louis Botha

Louis Botha, nado o 27 de setembro de 1862 e finado o 27 de agosto de 1919, foi un afrikaner e o primeiro en ser Primeiro Ministro no moderno estado de Suráfrica, entón chamado Unión Surafricana.

Traxectoria

Foi membro do parlamento do Transvaal in 1897, representando ao distrito de Vryheid. Dous anos máis tarde foi feito xeral na segunda guerra anglo-bóer, loitando con impresionante capacidade en Colenso e Spion kop. Á morte de P. J. Joubert, foi nomeado Comandante en Xefe das forzas bóers de Transvaal, onde demostrou as súas habilidades novamente en Belfast-Dalmanutha. Logo da caída de Pretoria, conduciu unha concentrada campaña de guerrilla contra os británicos xunto con Koos de la Rey e Christiaan de Wet.

Despois traballou para alcanzar a paz cos británicos, representando aos Bóers nas negociacións de paz en 1902. O seu cartapacio de guerra tornouno nun prominente home na política de Transvaal e foi un actor principal na reconstrución de posguerra da súa terra, chegando a Primeiro Ministro de Transvaal o 4 de marzo de 1907. En 1911, xunto con outro heroe guerreiro Bóer, Jan Smuts, formou o Partido Surafricano, ou SAP. Amplamente visto como moi conciliador cos británicos, Botha enfrontou revoltas desde dentro do seu propio partido e da oposición do Partido Nacional de James Barry Munnik Hertzog. Cando Suráfrica alcanzou o status de dominio en 1910, Botha foi o primeiro Primeiro Ministro da Unión Surafricana.

Logo do comezo da primeira guerra mundial, enviou tropas para tomar a África do Suroeste Alemá (véxase: Campaña de África do Suroeste), unha impopular medida entre os Bóers, que provocou a Revolta dos Bóer.

Cara ao final da guerra conduciu brevemente unha misión militar británica a Polonia durante a Guerra Polaco-Soviética. Sostivo que os termos do Tratado de Versalles eran moi duros para as Potencia Centrais, aínda que subscribiu igualmente o tratado.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!