Lorenzo Dontez Brown, nado o 26 de agosto de 1990 en Roswell, Xeorxia, é un xogador estadounidense con nacionalidade española de baloncesto profesional que xoga no Maccabi Tel Aviv BC da Ligat HaAl.
Traxectoria profesional
Brown foi seleccionado na 52ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Minnesota Timberwolves.[1] O 26 de setembro de 2013, Brown asinou o seu primeiro contrato profesional cos Timberwolves,[2] pero foi cortado o 25 de outubro de 2013 sen chegar a debutar en partido oficial.[3]
O 20 de novembro de 2013, Brown asinou cos Philadelphia 76ers.[4] Debutou na NBA ese mesmo día, facendo 5 puntos contra os Toronto Raptors.[5] Durante a súa tempada coma rookie, foi asignado en varias ocasións ós Delaware 87ers, afiliado na NBA D-League dos Sixers.[6] O 14 de marzo de 2014, Brown foi cortado polos Sixers.[7]
O 28 de xaneiro de 2015, Brown asinou un contrato de dez días cos Minnesota Timberwolves.[8] O 6 de febreiro de 2015, asinou un segundo contrato de dez días cos Timberwolves,[9] e o 19 de febreiro asinou ata final de tempada.[10]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|