Isaiah Canaan, nado o 21 de maio de 1991 en Biloxi, Mississippi, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga no KK Crvena zvezda serbio.
Traxectoria profesional
Canaan foi elixido na 34ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Houston Rockets.[1] O 15 de xullo de 2013, asinou o seu contrato de rookie cos Rockets.[2] Durante a súa primeira tempada, foi asignado en varias ocasións ós Rio Grande Valley Vipers da NBA Development League.[3]
O 19 de febreiro de 2015, Canaan foi traspasado xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2015 ós Philadelphia 76ers, a cambio de K. J. McDaniels.[4] Tres días máis tarde fixo o seu debut cos Sixers, na derrota por 98-103 contra os Orlando Magic. Canaan acadou 14 puntos, 4 rebotes e 3 asistencias en 29 minutos de xogo.[5]
O 30 de xaneiro de 2019, Canaan asinou un contrato de dez días cos Minnesota Timberwolves.[6]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|