Liña de sucesión ao Trono de España

Salón do Trono do Palacio Real de Madrid.

A xefatura do Estado en España está configurada nun órgano constitucional denominado Coroa, cuxo posuidor recibe o título de Rei ou Raíña de España. A titularidade da Coroa transmítese hereditariamente, conforme ás regras sucesorias recolleitas no artigo 57º da Constitución española de 1978.

Regras sucesorias

A Constitución española establece no seu artigo 57.1. que «a Coroa de España é hereditaria nos sucesores do Rei Xoán Carlos I de Borbón, lexítimo herdeiro da dinastía histórica. (...)».

A orde de sucesión

«(...) A sucesión no trono seguirá a orde regular de primoxenitura e representación, sendo preferida sempre a liña anterior ás posteriores; na mesma liña, o grao máis próximo ao máis remoto; no mesmo grao, o varón á muller, e no mesmo sexo, a persoa de máis idade á de menos». (do art. 57.1 da Constitución española).

Esta orde sucesoria significa que a Coroa corresponde, sucesivamente, aos fillos varóns do Rei e aos seus descendentes, ás fillas do Rei e aos seus descendentes, aos irmáns e irmás do Rei e aos demais parentes, sempre en orde de idade e con preferencia dos varóns sobre as mulleres entre as persoas con igual grao de parentesco.

Alteracións na orde sucesoria

A orde de sucesión no Trono pode alterarse ben por renuncia ou matrimonio prohibido ou por abdicar unha persoa que se converteu en Rei ou Raíña.

Perda de dereitos sucesorios

Unha persoa con dereito a suceder na Coroa pode renunciar a este dereito, nese caso quedaría excluída da liña sucesoria, ou perdelo por contraer matrimonio contra prohibición expresa do Rei e das Cortes Xerais.

A prohibición do matrimonio debe ser expresa, é dicir, manifestada de forma fidedigna, e conxunta, isto é, tanto proveniente do Rei como das Cortes Xerais; nin o Rei nin as Cortes Xerais poden por si sós prohibir un matrimonio real de forma que se produza a exclusión da liña de sucesión.

Abdicacións e renuncias

O Titular da Coroa pode abdicar do Trono e deixar de ser Rei ou Raíña (este caso lexislativo non está regulado), abríndose neste caso a sucesión conforme á orde regular previsto pola Constitución. Máis que unha alteración da orde sucesoria, cómpre falar dunha anticipación no mesmo por vontade do Titular da Coroa, que renuncia a ela e deixa así paso á sucesión.

Existiron varias abdicacións de monarcas en España:

Liña de sucesión

A liña de sucesión ao trono de España está disposta en 2021 da seguinte maneira:

Actual titular da coroa: Filipe VI de España (n. 1968).

  1. Lionor de Borbón e Ortiz (n. 2005), Princesa de Asturias, filla primoxénita do rei Filipe VI.
  2. Sofía de Borbón e Ortiz (n. 2007), infanta de España, segunda filla do rei.
  3. Elena de Borbón e Grecia (n. 1963), infanta de España e duquesa de Lugo, irmá do rei.
  4. Felipe Juan Froilán de Marichalar e Borbón (n. 1998), grande de España, fillo primoxénito da infanta Elena.
  5. Victoria Federica de Marichalar e Borbón (n. 2000), grande de España, segunda filla da infanta Elena.
  6. Cristina de Borbón e Grecia (n. 1965), infanta de España, irmá do rei.
  7. Juan Valentín de Todos los Santos Urdangarin e Borbón (n. 1999), grande de España, fillo primoxénito da infanta Cristina.
  8. Pablo Nicolás Sebastián Urdangarin e Borbón (n. 2000), grande de España, segundo fillo da infanta Cristina.
  9. Miguel Urdangarin e Borbón (n. 2002), grande de España, terceiro fillo da infanta Cristina.
  10. Irene Urdangarin e Borbón (n. 2005), grande de España, cuarta filla da infanta Cristina.

Liña de sucesión fóra da familia real española

Debido ao matrimonio entre as casas reais europeas, a liña de sucesión fóra dos membros da familia real española está composta na súa maioría por membros da realeza. Os primeiros con dereitos sucesorios son os fillos e os netos do infante don Carlos (neto da princesa María das Mercedes, princesa de Asturias, quen era filla de Afonso XII e irmá de Afonso XIII), primo do rei Xoán Carlos I de España.

Séguenlle os herdeiros da infanta Luísa Fernanda de Borbón, segunda filla do rei Fernando VII de España e irmá máis nova da raíña Isabel II de España (quen era nai de Afonso XII de España); entre estes atópanse Amadeu de Savoia-Aosta e Grecia, xefe da casa ducal de Aosta. Tamén se destacan Henrique de Orleáns e Orleáns-Braganza quen reclama o trono de Francia, e a súa familia.

Logo proseguen os herdeiros da infanta Carlota Joaquina de Borbón, raíña consorte de Portugal e filla de Carlos IV de España, de quen o seu herdeiro inmediato é don Eduardo Pío de Braganza e Orleans-Braganza, xefe da casa real de Portugal. Logo don Luís Gastón María de Orleans-Braganza e Wittelsbach, xefe da casa imperial do Brasil, por ser tataraneto de Pedro II do Brasil (quen era neto da infanta Carlota Xoaquina de Borbón e, polo tanto, bisneto do rei Carlos IV de España); trala familia imperial brasileira segue o príncipe soberano Xoán Adán II de Liechtenstein e a súa familia; daquela o rei Filipe de Bélxica e a súa familia; daquela o gran duque Henrique de Luxemburgo e a súa familia; daquela Vítor Manuel de Savoia (1937), xefe da casa real italiana, e a súa familia; tamén dona Alicia de Borbón-Parma, infanta de España e duquesa viúva de Calabria (nai do Infante Don Carlos); tras esta está Carlos Hugo de Borbón-Parma, xefe da casa ducal de Parma, e a súa familia; e logo Carlos de Habsburgo-Lorena (n. 1961), xefe da casa imperial de Austria e real de Hungría e de Bohemia.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!