D é unha linguaxe de programación de uso xeral desenvolvido por Walter Bright cuxa primeira versión apareceu en 1995, resultado de décadas de investigación e experiencia de programadores expertos en moitas linguaxes.
É dun nivel máis alto que C++, pero conserva a capacidade de escribir código de alto rendemento e de interconectar directamente con el os APIs dun sistema operativo ou o hardware. Ademais compórtase ben con programas de grande escala cun millón de liñas, que desenvolven equipos de programadores.
D é fácil de aprender, proporciona moitas funcións para axudar a/o programador/a, e cumpre ben coa tecnoloxía agresiva de optimización do recopilador. É unha linguaxe compilada, non interpretada. É unha linguaxe práctica para programadores que necesitan conseguir un traballo finalizado rapidamente, cun código fácil de entender.
C++ é a linguaxe á que D aspira a substituír. É unha linguaxe evolucionaria, non revolucionaria e nun principio pode parecer que non achega demasiado sobre C++, Pero non son as características xerais senón os seus detalles os que marcan a diferenza. En primeiro lugar D conserva todas as características de expresividade de C++ (cousa que nin C# nin moito menos Java conseguen no seu afán por facerse linguaxes máis accesibles), pero cunha sintaxe e unhas construcións moito máis sinxelas e lóxicas. Ademais, outro dos puntos fortes de C++, o seu rendemento, tamén se ve reflectido en D (nalgunhas ocasións ata superado).
Doutra banda D conta con moitas outras melloras e ata características das que C++ non dispón, as cales se enumeran a continuación. Ao contrario do que pasa con Java ou C#, estas características non supoñen unha perda apreciable de rendemento para D en comparación con C++: