As linguas helénicas son unha póla da familia de linguas indoeuropeas cuxo principal membro é o grego. Na maioría das clasificacións, o helénico está composto só polo grego,[1][2] pero outros lingüistas empregan o termo helénico para facer referencia a un grupo de variedades achegadas ó grego e outras falas diferentes dabondo para seren consideradas linguas, así como outras linguas antigas veciñas[3] ou os dialectos modernos do grego.[4]
Árbore lingüística
Notas
- ↑ Browning (1983), Medieval and Modern Greek, Cambridge: Cambridge University Press.
- ↑ Joseph, Brian D. and Irene Philippaki-Warburton (1987): Modern Greek. Londres: Routledge, p. 1.
- ↑ B. Joseph (2001): "Ancient Greek". In: J. Garry et al. (eds.) Facts about the World's Major Languages: An Encyclopedia of the World's Major Languages, Past and Present. (Online Paper Arquivado 01 de outubro de 2016 en Wayback Machine.)
- ↑ David Dalby. The Linguasphere Register of the World's Languages and Speech Communities (1999/2000, Linguasphere Press). Pp. 449-450.