A lingua toba batak é unha lingua austronesia falada no norte da illa de Sumatra, en Indonesia.[1] Forma parte dun grupo de linguas coñecidas como "batak".
Hai arredor de 2 millóns de falantes de toba batak, os cales viven ó leste, oeste e sur do lago Toba. Historicamente foi escrito utilizando a escrita batak, mais no presente é máis común a súa escrita en alfabeto latino.
Notas
↑Bauer, Laurie (2007). The Linguistics Student's Handbook. Edimburgo: Edinburgh University Press.
Nababan, P. W. J. (1981). A Grammar of Toba-Batak. Pacific Linguistics Series D – No. 37. Canberra: Dept. of Linguistics, Research School of Pacific Studies, The Australian National University. doi:10.15144/pl-d37. hdl:1885/145092.