A lingua karakalpak[2] (Qaraqalpaq tili en alfabeto latino, Қарақалпақ тили en cirílico) é unha lingua turca falada polos karakalpak en Karakalpaquistán, Uzbekistán. O karakalpak é membro da póla kipchak das linguas turcas, que inclúe o tártaro, o kumyk, o nogai e o kazako. Por mor da súa proximidade co uzbeko, moito do vocabulario e da gramática están influídos por esta lingua. Ó igual que a maioría das linguas turcas, o karakalpak ten harmonía vocálica, é aglutinante e non ten xénero gramatical. A orde das palabras adoita ser suxeito-verbo-obxecto.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas