O huilliche (tamén soletreado williche, huiliche ou veliche) é unha lingua moribunda pertencente á familia das linguas araucanas. En 1982, era falada por 2 000 membros do pobo huilliche en Chile, mais no 2012 só restaban uns poucos falantes de idade avanzada.[2] É falada nas rexións de Los Lagos e de Los Ríos, nos vales montañosos entre a cidade de Valdivia e o arquipélago de Chiloé no sur.
O huilliche componse de dúas variedades, chamadas huillichesungun e tsesungun polos seus falantes. O huillichesungun é falada en Wequetrumao, na illa de Chiloé, e o tsesungun é falada en Choroy Traiguen, na costa da provincia de Osorno.[3] O huilliche está estreitamente relacionado co mapuche, a lingua do pobo homónimo, aínda que se precisan máis investigacións para determinar o grao de intelixibilidade mutua entre ambos.
Mapa que amosa os pobos indíxenas de Chile; os huilliches atópanse no medio do país.
Subgrupos dialectais
I
II
III
IV
V
VI
VII
Huilliche
Cladograma mostrando a proximidade do huilliche cos dialectos mapuches (I–VII) baseándose en características compartidas segundo Robert A. Croese. Os subgrupos dialectais están ordenados grosso modo pola súa distribución xeográfica de norte a sur.[4]
↑Croese, Robert A. (1985). "21. Mapuche Dialect Survey". En Manelis Klein, Harriet; Stark, Louisa R. South American Indian Languages: Retrospect and Prospect. Austin, Texas: University of Texas Press. pp. 784–801. ISBN0-292-77592-X.