O eyak foi unha lingua na-dené falada na rexión da desembocadura do río Copper, en Alasca.
Historia
O eyak foi unha lingua na-dené emparentada de forma moi lixeira coas linguas atabascanas. Os lingüistas supoñen que se conformou como unha lingua distinta das do grupo atabascano hai uns 3.000 anos[2].
O contacto entre o eyak e a lingua maioritaria da súa rexión, o tinglit, que tamén forma parte do grupo das linguas na-dené, remonta a moitos séculos atrás. De feito, algúns dos topónimos da zona tinglitfalante que resultan complexos de explicar, poden proceder de antigos poboamentos eyak, xa desprazados da zona hai moito tempo. Destas migracións e dunha maior extensión do territorio eyak gárdase lembranza en tradicións orais.
Esa redución da extensión do eyak en favor do tinglit intensificouse nos últimos séculos, fundamentalmente pola importante migración de tinglits procedentes da zona de Yakutat, que desequilibraron pobocionalmente a zona. Ademais, o eyak tamén sufriu a presión doutras poboacións que falaban outras linguas, coma o alutiiq, e sobre todo o inglés, impulsado pola administración estadounidense no tempo en que Alasca estaba baixo a dependencia de Washington. Pouco e pouco os poboamentos fóronse mesturando e a lingua eyak diluíndo entre os falantes de tinglit, máis numerosos e cohesionados.
A finais do século XX identificouse a última falante nativa, con competencias activa e pasiva, da lingua eyak: O seu nome era Marie Smith Jones, nada o 14 de maio de 1918 e finada o 21 de xaneiro de 2008[3][4]) e vivía na cidade de Cordova. O seu falecemento sinalou o punto de extinción para a lingua, se ben está bastante ben documentada e aínda viven falantes pasivos do idioma (enténdeno, pero non o producen).
Descrición
A lingua está bastante ben documentada para o estándar das linguas mortas. O lingüista Michael Krauss traballou durante máis dunha trintena de anos na súa recollida, e existe unha gramática, un dicionario dunhas 3.000 páxinas, e material sonoro e visual dos monólogos de Marie Smith Jones.
Consoantes
|
Bilabiais
|
Alveolares
|
Postalveolares
|
Palatais
|
Velares
|
Uvulares
|
Glotais
|
centrais
|
laterais
|
chas
|
labiais
|
Pausa
|
non aspiradas
|
|
d [t]
|
|
|
|
g [k]
|
gw [kʷ]
|
g̣ [q]
|
|
aspiradas
|
|
t [tʰ]
|
|
|
|
k [kʰ]
|
|
q [qʰ]
|
|
implosivas
|
|
t' [t’]
|
|
|
|
k' [k’]
|
|
q' [q’]
|
' [ʔ]
|
Africadas
|
non aspiradas
|
|
dz [ts]
|
dl [tɬ]
|
j [tʃ]
|
|
|
|
|
|
aspiradas
|
|
ts [tsʰ]
|
tl [tɬʰ]
|
ch [tʃʰ]
|
|
|
|
|
|
implosivas
|
|
ts' [ts’]
|
tl' [tɬ’]
|
ch' [tʃ’]
|
|
|
|
|
|
Fricativas
|
|
s [s]
|
ł [ɬ]
|
sh [ʃ]
|
|
x [x]
|
xw [xʷ]
|
x̣ [χ]
|
h [h]
|
Nasais
|
m [m]
|
n [n]
|
|
|
|
|
|
|
Aproximantes
|
w [w]
|
|
l [l]
|
|
y [j]
|
|
|
|
Vogais
|
Tensas/Longas
|
Relaxadas/Breves
|
frontais
|
centrais
|
anteriores
|
posteriores
|
centrais
|
anteriores
|
pechadas
|
i. [i:]
|
|
u. [u:]
|
i [ɪ]
|
|
u [ʊ]
|
medias
|
e. [e:]
|
|
|
e [ɛ]/æ [ɛ]
|
a [ə]
|
|
abertas
|
a. [a:]
|
|
|
a [a]
|
|
|
As vogais seguidas dun "n" están nasalizadas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
- Krauss, Michael E., ed. 1982. In Honor of Eyak: The Art of Anna Nelson Harry. Fairbanks: Alaska Native Language Center.
- Krauss, Michael E., e Jeff Leer. Athabaskan, Eyak, and Tlingit Sonorants. Alaska Native Language Center Research Papers No. 5. Alaska Native Language Center, Universidade de Alasca
- New Yorker, 6 de xuño de 2005: "Last Words, A Language Dies", de Elizabeth Kolbert
Ligazóns externas