A lingua banjar (Bahasa/Basa Banjar, en jawi: بهاس بنجر) é unha lingua austronesia empregada polo pobo banjar de Kalimantan Meridional, Indonesia. Como moitos dos membros do pobo banjar son mercadores itinerantes, espallan a súa lingua por tódolos lugares de Indonesia ós que viaxan. O banjar pódese considerar unha lingua franca, especialmente na illa de Borneo, xa que se emprega en tres das catro provincias de Borneo: Borneo do Sur, Borneo do Leste e Borneo Central, agás en Borneo do Oeste, onde o malaio é máis popular.
O banjar considérase un malaio local, pero non é particularmente achegado a ningunha outra lingua malaia.[2] Divídese en dous grandes dialectos, o da parte alta do río (Banjar Hulu) e o da parte baixa (Bajar Kuala). Pódense atopar as principais diferenzas dos dous dialectos na fonoloxía e o léxico, malia que tamén hai diferenzas lixeiras na sintaxe. O banjar hulu só ten tres vogais, /i/, /u/, i /a/. Cando unha palabra contén algunha vogal diferente a estas tres vogais, a vogal foránea é substituída cunha destas vogais baseándose na proximidade de altura e outras cualidades das vogais. O banjar kuala ten cinco vogais, /a, i, u, e, o/.
Hai un dialecto menor, o bukit, que ten un código ISO separado.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas