Lights & Motion é unha banda sueca de post-rock cinematográfico fundada en Gotemburgo en 2012 por Christoffer Franzén. O proxecto xurdiu tras un longo período de insomnio,[1] cando Christoffer decidiu pasar as noites nun estudio compoñendo música.
A banda leva publicados catro álbums de estudio, Reanimation, Save Your Heart, Chronicle e Dear Avalanche, todos eles editados a través do selo independente estadounidense Deep Elm Records.[2] A súa música ten sido usada en varios trailers de películas, anuncios e programas de televisión, aparecendo dende os Oscars ata a Super Bowl. No ano 2015 Apple utilizou a música da banda para a súa campaña global de iTunes "Latest Films. Anywhere, Anytime".
Discografía
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas