O ligamento metacarpiano transverso fondo é un ligamento do membro superior humano, pertencente ao pulso. É unha banda febrosa que une as superficies anteriores do segundo metacarpiano, terceiro, cuarto e quinto. Esténdese ademais cara a articulación metacarpofalánxica. A parte máis superficial ten forma cóncava por encima da que discorren os tendóns de músculos flexores. Pola parte posterior discorren os tendóns dos músculos interóseos dorsais e palmares da man.