A Liga de Campións da UEFA 1992-93 foi a edición número 38 da máxima competición europea de fútbol a nivel de clubs organizada pola UEFA, e a primeira coa nova denominación de Liga de Campións da UEFA, seguindo o formato inaugurado na anterior tempada. As roldas previas da competición disputáronse entre agosto e novembro. A fase de grupos comezou a finais de novembro e rematou en abril. A final foi o 26 de maio de 1993. Na final enfrontáronse o campión da Ligue 1, o Olympique Marsella, e mailo campión italiano, o AC Milán. Os franceses venceron por 1 gol a 0, acadando a súa primeira Copa de Europa, e ata hoxe, a única que ten gañado un equipo francés.
Fase de Grupos
Tódolos equipos tiveron que pasar polas roldas previas de clasificación para chegar á fase de grupos. Na segunda rolda de clasificación, o campión da Copa de Europa 1991-92, FC Barcelona, que defendía a coroa continental, caeu eliminado fronte ó PFC CSKA Moscova por un marcador global de 4-3 a prol dos rusos. Outro equipo que tamén caeu antes do previsto foi o campión inglés, o Leeds United, que foi eliminado na segunda rolda polo Rangers FC. O propio Leeds United viña de eliminar na primeira rolda ó campión alemán, VfB Stuttgart.
Este resultado supuxo a primeira vitoria que un equipo francés acadaba na máxima competición continental de fútbol europeo despois de 38 anos, e que ata hoxe segue sendo a única.
Non obstante, esta vitoria tamén supuxo o fin da época mais gloriosa deste club francés, xa que pouco despois foi sancionado, séndolle retirado o título de liga que acadara ese mesmo ano, e sendo descendido de categoría dende a Ligue 1, todo por mor das acusacións de arranxos de encontros.