A tempada 2010-11 da Liga de Campións da EHF foi a 51ª edición da máxima competición continental de balonmán a nivel de clubs en Europa. O campionato arrancou en setembro de 2010 e rematou o 29 de maio de 2011 no Lanxess Arena de Colonia, onde tivo lugar a final a 4. A final enfrontou ó FC Barcelona Borges e ó BM Ciudad Real, co resultado final de 27 tantos a 24 a prol do conxunto catalán.
O formato do torneo contou con 4 fases:
Nesta rolda participaron os equipos clasificados para a competición en última posición. Os encontros do grupo 1 disputáronse na cidade austríaca de Bregenz. Os encontros do grupo 2 disputáronse na cidade portuguesa de Porto. Os encontros do grupo 3 disputáronse na cidade alemá de Karlsruhe. Tódolos encontros leváronse a cabo entre os días 3 e 5 de setembro de 2010.
Na fase de grupos comezou propiamente o campionato, cos 24 mellores equipos do continente, divididos en 4 grupos. Despois de que cada equipo disputase 10 encontros, os 4 primeiros equipos de cada grupo acadaron a clasificación para a seguinte rolda do campionato.
A final enfrontou a dous clubs españois por 5ª ocasión na historia da máxima competición europea de balonmán. Foi a 11ª final para o FC Barcelona, e a 5ª para o Ciudad Real.
A vitoria do FC Barcelona Borges na final desta edición 2010-11 da Liga de Campións da EHF supuxo o 8º máximo título continental para o club catalán, o cal redundou no seu liderado no palmarés histórico das competicións europeas.