A edición do ano 2010 da Liga Galega de Traiñeiras (LGT) foi a quinta tempada disputada da segunda categoría de clubs de remo xunto coa Liga ARC e xusto por debaixo da Liga ACT. Esta edición estivo formada por 17 clubs, tres máis ca na edición anterior pola reincorporación da S.D. As Xubias (competira nas dúas primeiras tempadas), a incorporación do C.R. Robaleira, sumados á S.D. Samertolameu que descendeu da Liga ACT. O campión desta edición foi o Amegrove-Interrias C.R. do Grove. A Liga constou de 17 regatas que se disputaron entre o 13 de xuño coa disputa da IV Bandeira Concello de Ares en Ares, e o 29 de agosto coa disputa da última regata da Liga, a XVI Bandeira Concello de Vilagarcía en Vilagarcía de Arousa.