A edición 2019-2020 da LGR foi a 37ª edición da liga de rugby organizada pola actual Federación Galega de Rugby. Nesta edición o torneo contou con 13 equipos participantes trala unificación da primeira e a segunda división nun grupo único. A competición comezou o 5 de outubro de 2019 e tiña que rematar coa final o 25 ou 26 de maio de 2020, pero a pandemia por COVID-19 detivo a competición en marzo trala última xornada da liga regular e non se puideron disputar as eliminatorias polo título.
Os trece equipos disputaron unha liga regular a unha volta na que tódolos equipos se enfrontaron entre eles unha vez, completando doce encontros. Se non se tivese detido a competición, tralo remate da primeira fase os oito mellores equipos da táboa pasarían a disputar as eliminatorias polo campionato, partindo dos cuartos de final do seguinte xeito: 1º contra 8º, 2º contra 7º, 3º contra 6º e 4º contra 5º; xogando na casa do equipo que xogou de visitante na primeira fase. As semifinais tamén se xogarían no campo do equipo que xogou de visitante na fase de liga regular. A final tería lugar na casa do equipo que rematou a primeira fase mellor clasificado. Por outra banda os equipos clasificados entre o 9º e o 12º posto tamén disputarían entre eles unhas eliminatorias que definirían a súa posición definitiva na competición: 9º contra 10º e 11º contra 12º.
O campión e subcampión acadan o dereito a participar na fase de ascenso á División de Honra B, a segunda división do rugby español.
Os equipos suman puntos para a clasificación desta maneira:
A edición 2019/20 da LGR (Liga Galega de Rugby) contou con 13 equipos participantes, polo tanto, tódolos clubs galegos con equipo sénior masculino estiveron presentes, 11 deles co seu primeiro equipo e 2 que o fixeron co seu equipo B (Ourense e Vigo) por mor da súa participación na División de Honra B.
Por mor da pandemia por COVID-19 tódalas competicións deportivas do país se detiveron en marzo trala última xornada da liga regular e non se puideron disputar as eliminatorias polo título, que xa quedaran definidas do seguinte xeito:
A liga galega feminina de rugby é de recente creación. A maioría de clubs de rugby galegos non teñen sección de rugby feminino, de xeito que a liga galega é de pequeno tamaño. Na tempada 2017-18 e 2018/19 houbo cinco equipos disputando o torneo, sendo algúns deles reforzados por xogadoras doutros clubs que non participan:
Como subcampión do torneo o Muralla acadou o dereito a participar na segunda categoría nacional na tempada seguinte, dereito que cedeu ó Pontevedra Rugby Club. Este dereito lle corresponde ó subcampión polo feito de competir o CRAT na División de Honra Feminina de Rugby.