A edición 2017-2018 da Liga Galega de Rugby contou con 14 equipos participantes repartidos en dúas divisións, 6 na LGR1 e 8 na LGR2. A diferenza coa tempada anterior foi a unión do Pontevedra RC e do Mareantes RC para competir xuntos cun equipo na primeira división e outro na segunda división.
A fase de liga regular da primeira división tivo 10 xornadas, comezando o 30 de setembro de 2017 e rematando o 28 de xaneiro de 2018, dando paso ás semifinais que se disputaron a ida e volta, e á final que se disputou a encontro único. A liga regular da segunda división tivo 14 xornadas, entre o 30 de setembro de 2017 e o 24 de febreiro de 2018, dando paso ás semifinais e final que se disputaron a un único encontro.
Permanencia do CRAT "B". Promoción para o CR Lalín.
Campión o CR Ferrol.
Sancións: Zalaeta (-1). Pontevedra Mareantes (-1). Barbanza (-3). Ourense (-5). Fendetestas (+1). Santiago (+2).
Ascenso para o campión CR Fendetestas. O subcampión CD Zalaeta renunciou a disputar a promoción para ascender contra o CR Lalín.
Na liga feminina participaron cinco equipos por mor da participación do CRAT na ampliada División de Honra feminina nacional. O CR Ferrol estivo reforzado por xogadoras do Santiago RC. Na final o Muralla RC de Lugo gañou ás até entón vixentes campioas do CR Lalín.