Lepa Brena

Modelo:BiografíaLepa Brena

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(bs) Fahreta Jahić-Živojinović Editar o valor en Wikidata
20 de outubro de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Tuzla Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBelgrado
Tuzla
Brčko
Miami Editar o valor en Wikidata
EducaciónFaculty of Science, University of Belgrade (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura178 cm Editar o valor en Wikidata
Peso72 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, actriz, modelo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1980 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop, folk e folk-pop Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoPGP-RTB
Diskoton (en) Traducir
Grand Production (en) Traducir
Payner Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSlobodan Živojinović (1991–) Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0503190 Facebook: BrenaOfficial Instagram: lepabrenaa Youtube: UCxB1JoZfQsTkHTlEPPvef8g iTunes: 287596179 Last fm: Lepa+Brena Musicbrainz: 9b0f6048-5f17-4c2e-9530-71d521979f65 Songkick: 260408 Discogs: 915299 Genius: Lepa-brena Editar o valor en Wikidata

Fahreta Živojinović, nada como Jahić en Tuzla o 20 de outubro de 1960, e máis coñecida polos seu nome artístico Lepa Brena, é unha cantante serbia que veu a luz en Bosnia, unha artista popular da antiga Iugoslavia con máis de 40 millóns de discos vendidos [1].

Traxectoria

Naceu nunha familia bosníaca da cidade de Tuzla aínda que medrou na cidade bosníaca de Brčko. Era a filla máis nova do enfermeiro Abid Jahić (c. 1928 – 2010) e da modista Ifeta (née Smajlović; 1934 – 2014)[2]. Ámbolos dous orixinarios de aldeas próximas a Srebrenik[3], constituían unha familia modesta, que vivía nun apartamento dun único cuarto, aínda que sen privacións[4], e Fahreta criouse como musulmá[5] con súa irmá Faketa e seu irmán Faruk[6]. No inicio da Guerra de Bosnia en 1992 Faketa emigrou ao Canadá[7].

A súa primeira actuación cara ao público realizouna cando estaba en quinto grao nun festival local no que cantou "Sviraj mi o njoj" de Kemal Monteno e posteriormente actuou regularmente durante un tempo cunha banda denominada Judeksi en festas, centros culturais e competicións musicais en Brčko.

1980-83: Slatki Greh

Logo de rematar o instituto en 1979 marchou a Belgrado para estudar turismo na Universidade de Belgrado pero ao ano seguinte volveu a Brčko[8] e comezou unha carreira de cantante de rock en locais e festas da contorna. Cando a banda Lira Show liderada por Saša Popović e radicada en Novi Sad, que precisaba unha cantante tras marchar a súa ao casar, foi á localidade faláronlle de Brena[9] e, tras unha entrevista e convencer a seus pais, actuou por primeira volta con eles o 6 de abril de 1980 nun hotel de Bačka Palanka[10]. En 1981 o grupo adoptou o nome de artístico de Slatki Greh e o 3 de febreiro de 1982 apareceu o primeiro álbum do grupo, Čačak, Čačak e tamén nese ano Lepa Brena e Slatki Greh apareceron na primeira parte da película iugoslava Tesna koža que protagonizaron o popular humorista Nikola Simić e a actriz Ružica Sokić, o que axudou a que o grupo acadase a fama. En novembro de 1982 saíu o segundo álbum Milla voli disko.

En 1983 participou con Slatki Greh no Jugovizija, a selección iugoslava para o festival de Eurovisión, coa canción "Sitnije, Cile, sitnije" que se editou nun EP xunto con outro tema. A súa aparición no Jugovizija causou controversia, xa que tradicionalmente na competición dominaban os artistas pop, e Lepa Brena estaba na órbita do novokomponovana muzikafolk, un estilo folk-pop. Malia non cualificarse para a competición europea, serviulles para gañar máis popularidade..

1984-90: Bato, Bato e Hajde da se volimo

En 1984 Raka Đokić[11]converteuse no novo axente artístico de Lepa e o seu grupo, o seu terceiro álbum Bato, Bato, que saíu nese ano supuxo unha renovación tanto da imaxe, máis provocativa nas letras, como do seu estilo musical, con melodías máis pop. En 1985 realizaron a primeira gran xira por toda Iugoslavia, que incluíu 17 concertos consecutivos no Sava Centra de Belgrado ao que acudiron 70 000 persoas, un gran concerto no estadio de Mostar con máis de 25 000 persoas[11]e na veciña Romanía, no estadio de Timișoara congregou arredor de 50 000 persoas, un dos máis exitosos de música iugoslava no estranxeiro.

O seguintes tres álbums do grupo, Pila moje (1985), Voli me, voli e Uske pantalone (1986) fixeron que a banda subise ao trono da escena musical iugoslava. Brena colaborou coa estrela do folk serbio Miroslav Ilić e xuntos gravaron en 1985 un EP Jedan dan života, con catro cancións, no que se incluíu un dueto romántico que lle daba título e a canción "Živela Jugoslavija", que non foi do agrado de todo o mundo e que ía na liña que sempre defendeu Brena dun apoio sen fisuras a unha Iugoslavia unida.

Raka Đokić quería que o sétimo álbum do grupo Hajde da se volimo fose seguido dun filme protagonizado por Brena, e en 1987 rodouse o filme co mesmo título do álbum. Na película participaron moitos dos actores iugoslavos máis populares da época: Dragomir Gidra Bojanić, Milutin Karadžić, Velimir Bata Živojinović ou Milán Štrljić. A estrea foi o 24 de outubro de 1987 e foi un éxito, ao que seguiron dúas secuelas máis: Hajde da se volimo 2 (1989) e Hajde da se volimo 3 (1990). O seu oitavo álbum Četiri godine apareceu o 1 de outubro de 1989 e contiña a controvertida canción Jugoslovenka co músico bosníaco de rock Alen Islamović. O vídeo Čuvala me mama filmouse na illa croata de Lopud. En 1990 apareceu o álbum Boli me uvo za sve, que contou con varios temas que foron éxitos: "Čik pogodi", "Biće belaja", "Tamba Lamba", e o que lle dá título ao álbum. Desa época época data o seu concerto máis multitudinario, que se realizou o 24 de xullo de 1990 na capital búlgara, Sofía, no que participaron 100 000 persoas e que permanece como o meirande concerto dese país[12].

1991-99: Ja nemam drugi dom e Grand Production

Brena e Slatki Greh editaron o seu décimo álbum xuntos, Zaljubiška, en 1991. Tras casar en 1991 co tenista Slobodan Živojinović rematou a súa colaboración con Slatki Greh e marchou a vivir nos Estados Unidos durante algún tempo. Volveu ao mundo artístico en decembro de 1993 co seu primeiro álbum en solitario Ja nemam drugi dom, e deu o denominado "concerto na choiva" o 13 de xuño de 1994 no estadio Tašmajdan de Belgrado diante 35 000 persoas e logo gravou outros dous álbums en solitario: Kazna Božija (1994) e Luda za tobom (1996). A mediados da década de 1990 lanzou moitas cancións que se fixeron populares: "Kazna Božija", "Luda za tobom", "Sve mi dobro ide osim ljubavi", "Izdajice", "Mj se dragi Englez pravi", "I da odem iza leđa bogu", "Ja nemam drugi dom", "Dva dana" ou "Ti si moj greh". En decembro de 1998 fundou con Saša Popović a discográfica Grand Production.

2000-

No ano 2000 gravou un álbum coa súa antiga banda Pomračenje sunca mais o 23 de novembro dese ano secuestraron a seu fillo Stefan de oito anos que os secuestradores liberaron logo de cinco días[13] tras pagar dous millóns e medio de marcos. O suceso puxo fin á promoción do novo álbum e a marcha da familia aos Estados Unidos. En 2004 saíu un álbum de compilacións The Best of Lepa Brena e en 2008, tras un hiato de oito anos, volveu gravar un álbum novo, Uđi slobodno... ao que seguiu en 2011 Začarani krug e os dous foron éxitos. En decembro de 2013 apareceu un novo álbum, Izvorne i novokomponovane narodne pesme e o 19 de decembro de 2013 xunto con Dragana Mirković, Severina, Jelena Rozga, Haris Džinović, Aca Lukas e Jelena Karleuša participou no concerto humanitario de Goran Bregović en Saraievo para os romaní de Bosnia e Hercegovina.[14]

Lepa Brena e Steven Seagal foron as estrelas da festa de Ano Novo de Belgrado de 2016 ao que acudiron 60 000 persoas.[15]. En 2018 lanzou un novo álbum Zar je važno da l’ se peva ili pjeva e en 2019 vendeu a súa parte na discográfica Grand Production por 7 millóns e medio de euros.[16]

Notas

  1. Mirjana Narandzic (14 de maio de 2018). "Why is it still important how we sing?". Balkan Insight. 
  2. "Lepa Brena: Majka je uvek bila ponosna na mene". Blic. 4 de decembro de 2014. 
  3. "Lepa Brena u svom Srebreniku podržala Mirzu Selimovića pred 30.000 gledalaca". pressing. 27 de agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2020. Consultado o 30 de agosto de 2020. 
  4. Biografija Lepe Brene. jednajebrena.com, 3 de agosto de 2013
  5. Uroš Čvoro (2016). Turbo-folk Music and Cultural Representations of National Identity in Former Yugoslavia. Routledge. p. 29. ISBN 9781317006077. 
  6. "Lepa Brena: Majka je od mene napravila ličnost kakva sam danas". Blic. 22 de novembro de 2014. 
  7. "Paparaco: Fahreta i Faketa u šetnji!". Kurir. 8 de xuño de 2012. 
  8. "Prije 28 godina ovako je izgledala najpopularnija pjevačic". tportal.hr. 27 de xaneiro de 2017. 
  9. "Saša Popović: Brena je ličila na trafo-stanicu na početku karijere!". Telegraf. 17 de novembro de 2013. 
  10. "Lepa Brena: Slava stigla preko noći". Novosti. 10 de outubro de 2011. 
  11. 11,0 11,1 "Poslednja Jugoslovenka". Pristupljeno. 19 de xuño de 2008. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2013. Consultado o 01 de setembro de 2020. 
  12. "Serbia's Pop Folk/Rock Legend Lepa Brena to Thrill Bulgarian Fans in April". Novinit. 27 de marzo de 2008. 
  13. "Otmica Stefana Živojinovića Prokletstvo uspeha". Vrema. 7 de decembro de 2000. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2018. Consultado o 01 de setembro de 2020. 
  14. "Lepa Brena gost na koncertu Gorana Bregovića: Zajedno pevaju za Rome!". Svet Plus. 17 de decembro de 2013. 
  15. "Serbian singer Lepa Brena and Steven Seagal made an awesome party for the people in Belgrade and led them into New Year!". Telegraf. 5 de xaneiro de 2016. 
  16. "Lepa Brena bogatija za 7,6 milijuna eura nakon prodaje udjela u Grand produkciji". novac.jutarnji.hr (en croata). 2019-11-20. Consultado o 2021-05-15. 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!