Leonardo Demétrio

Modelo:BiografíaLeonardo Demétrio

(2020) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de marzo de 1994 Editar o valor en Wikidata (30 anos)
Curitiba, Brasil Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla-pivote Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2012–2016 Minas Tênis Clube
2016–2016 Baloncesto Fuenlabrada
2016–2017 Força Lleida CE
2017–2018 Club Baloncesto Breogán
2018–2019 CB Bilbao Berri
2019–2021 Basquetebol do Clube de Regatas do Flamengo
2021–2022 Victoria Libertas Pesaro
2022– CB Estudiantes

Leonardo Demétrio, nado o 24 de marzo de 1994 en Curitiba, Paraná, é un xogador profesional de baloncesto brasileiro, aínda que tamén posúe a nacionalidade italiana. Actualmente xoga para o Carpegna Prosciutto Pesaro da Lega Basket Serie A. Cunha altura de 2,04 metros xoga na posición de ala-pivote.

Traxectoria

Nado en Curitiba, Paraná, Demétrio chegou ao Círculo Militar do Paraná en 2004, onde comezou a xogar ao baloncesto. Catro anos despois, en 2008, gañou relevancia nacional defendendo a selección paranaense de base. En 2011, con dezasete nos, múdase para Belo Horizonte, onde comeza a xogar no Minas Tênis Clube, equipo da máxima categoría do baloncesto brasileiro. Destaca na súa temporada 2015−16, facendo unha media de 10,8 puntos, 5,6 rebotes e 11,6 de valoración en 23 minutos de xogo por partido, o que leva a asinar en maio de 2016 polo Montakit Fuenlabrada da Liga ACB. No equipo castelán disputa tres partidos, un de fase regular e dous de playoff, facendo unha media de 3 puntos e 2 rebotes en 8 minutos por partido. Na temporada 2016−17 xoga para o Actel Força Lleida de Liga LEB, onde fai unha media de 10,9 puntos e 5,6 rebotes por encontro. Tras un bo ano no equipo catalán, o 6 de setembro de 2017 asinou polo Cafés Candelas Breogán.[1]

Clubs

Selección

Demétrio defendeu diversas seleccións de base do Brasil. Foi subcampión da Copa América sub-18 e disputou o Mundial sub-19 no ano seguinte. En 2013, foi escollido para o International All-Tournament Team do Nike Global Challenge. En 2015, foi convocado para a disputa da Universíada, onde o Brasil ficou co cuarto lugar. En 2016 foi convocado coa selección absoluta para disputar o Suramericano de 2016, porén, non chega a xogar o torneo.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!