Leonard Doncaster (31 de decembro de 1877 – 28 de maio de 1920) foi un xenetista inglés e profesor de zooloxía nas universidades de Birmingham e Liverpool, cuxos traballos de investigación estiveron baseados principalmente nos insectos.[1][2][3]
Primeiras etapas da vida
Doncaster naceu o 31 de decembro de 1877 en Abbeydale, Sheffield.[3] O seu pai foi Samuel Doncaster, un comerciante de ferro, de Abbeydale, Sheffield, Yorkshire.[1]
Carreira
Despois de estudar en Leighton Park School en Reading, sueste de Inglaterra, estudou no King's College, Cambridge, desde 1896 en adiante. Foi académico de ciencias naturais en 1898, e medalla de Walsingham en 1902.
En xuño de 1902 foi nomeado asistente do Superintendente do Museo de Zooloxía da Universidade de Cambridge,[4]
Desde 1906 a 1910 foi profesor de Zooloxía na Universidade de Birmingham.[1]
Foi un dos primeiros xenetistas mendelianos e descubriu o ligamento ao sexo, mentres escribía os resultados dos experimentos de cruzamentos do reverendo G.H. Raynor sobre a avelaíña Abraxas grossulariata publicados en 1906.[5] Escribiu varios libros sobre xenética mendeliana e sobre a determinación do sexo. O seu libro Heredity in the Light of Recent Research (1910), é salientable porque rexeita explicitamente a hedanza lamarckista.[6]
En 1909 tornou á Universidade de Cambridge e actuou como Superintendente do Museo de Zooloxía desde 1909 a 1914.[7] Converteuse en profesor universitario de Zooloxía en 1914 e gañou a Medalla Trail da Sociedade Linneana en 1915.[1] En 1915, tamén foi elixido para a Sociedade Real de Londres.
Durante a primeira guerra mundial serviu como bacteriólogo no Primeiro Hospital Xeral do Leste, Cambridge, e despois na Unidade de Ambulancia dos Amigos (fundada por cuáqueros) en Dunquerque, xa que era cuáquero.[8]
Despois da primeira guerra mundial foi profesor de Zooloxía na Universidade de Liverpool desde 1919 ata a súa morte en 1920. Morreu aos 42 anos de sarcoma en Liverpool.[1]
William Bateson escribiu a súa necrolóxica en Nature.[9]
Publicacións
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Doncaster, Leonard (DNCR896L)". A Cambridge Alumni Database. University of Cambridge.
- ↑ "DONCASTER, Leonard". The International Who's Who in the World: 390. 1912.
- ↑ 3,0 3,1 Entomological News (en inglés). Entomological Section of the Academy of Natural Sciences, Philadelphia & The American Entomological Society. novembro de 1920. p. 240. Consultado o 20 de xuño de 2016.
- ↑ "University intelligence". The Times. No. 36787. Londres. 6 de xuño de 1902. p. 11.
- ↑ Doncaster L., Raynor G.H. (1906). "Breeding experiments with Lepidoptera". Proceedings of the Zoological Society of London 1 (1–2): 125–133. doi:10.1111/j.1469-7998.1906.tb08425.x.
- ↑ Jones, Andrew F. (2011). Developmental Fairy Tales: Evolutionary Thinking and Modern Chinese Culture. Harvard University Press. p. 92. ISBN 978-0-674-04795-2
- ↑ "Cambridge University Museum of Zoology: Archives & Histories". Arquivado dende o orixinal o 2010-11-19. Consultado o 2013-03-22.
- ↑ Dictionary of Quaker Biography, Library of Society of Friends
- ↑ Bateson, W (10 de xuño de 1920). "Prof. L. Doncaster, F.R.S.". Nature 105 (2641): 461–462. Bibcode:1920Natur.105..461B. doi:10.1038/105461a0.
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía