A Lección de anatomía do Dr. Nicolaes Tulp é un cadro do pintor neerlandés Rembrandt, pintado en 1632. Consérvase no Mauritshuis da Haia (Países Baixos).
Características
Trátase dunha pintura ao óleo sobre lenzo, que mide 169,5 centímetros de alto e 216,5 cm de ancho. É o primeiro retrato de grupo pintado por Rembrandt, que tiña entón 26 anos. Foi un encargo do potente gremio dos cirurxiáns, dos cales Tulp, famoso médico de Ámsterdan, era un representante eminente. Un cadro de similares características foi pintado por Thomas de Keyser en 1619.
En 1828 decidiuse a venda pública deste cadro en favor da caixa das viúvas de cirurxiáns. O rei Guillerme I impediu esta venda e ordenou comprar esta obra mestra para o seu «gabinete real de pinturas».
Véxase tamén
Bibliografía