Laura Martínez de Carvajal

Modelo:BiografíaLaura Martínez de Carvajal
Biografía
Nacemento27 de agosto de 1869 Editar o valor en Wikidata
A Habana, Cuba Editar o valor en Wikidata
Morte24 de xaneiro de 1941 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Cotorro, Cuba (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade da Habana Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédica, oftalmóloga Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeEnrique López Veitía Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1337862

Laura Martínez de Carvajal y del Camino, nada o 27 de agosto de 1869 e finada o 24 de xaneiro de 1941, foi unha destacada oftalmóloga e a primeira doutora en Cuba.[1][2]

Traxectoria

Primoxénita dunha familia española adiñeirada estabelecidaa en Cuba, cursou o ensino primario na escola de señoritas de Manuela de Concha y Duval, profesora española de piano. Despois trasladouse para cursar o bacharelato no Colexio de Sant Francisco de Paula, onde se graduou ó cumprir trece anos. Con esta idade matricúlase co seu irmán na Universidade da Habana na carreira de Ciencias Físico-Matemáticas e Medicina, onde tivo que gañar o respecto e facer valer os seus dereitos nunha sociedade que non admitía unha muller naquela posición.

En 1883, iniciou a súa preparación clínica no hospital San Felipe I Santiago. Despois trasladouse ó hospital San Francisco de Paula, onde melloran as súas condicións de traballo e cursa as materias de obstetricia e doenzas da muller e do neno. Graduouse na carreira de Ciencias Físico-Matemáticas o 30 de xuño de 1888, e o 15 de xullo de 1889, con 19 anos, acaba a de Medicina, ámbalas dúas con notas excelentes.

Na universdade, Laura coñece ó doutor Enrique López, especialista en oftalmoloxía, con quen casou o 20 de xullo de 1889. Laura comezou a exercer a súa profesión, converténdose na axudante principal do seu esposo e quedando ó cargo dos seus pacientes cando el se vía imposibilitado.

A carón do seu esposo, Laura asistiu a numerosos congresos médicos que se realizaron na época. Tamén colaborou con ell en gran cantidade de publicacións como “Notas fisiológicas”, “Observaciones clínicas” e “Ocular leprosy”, así como nos tres volumes de “Oftalmología clínica”.

O seu marido morreu o 10 de febreiro de 1891. Por mor diso, en 1917 constrúe a propiedade “El retiro”, onde instala unha escola de balde para os pobres, da cal se fixo cargo xunto con María, un dos seus 7 fillos. Porén, pouco tempo despois foi diagnosticada con tuberculose, e morreu por mor desta doenza o 24 de xaneiro de 1941.

Notas

  1. Iglesias Ramírez, Belén (2010). Centro Nacional de Información de Ciencias Médicas, Ministerio de Salud Pública, ed. "Laura Martínez de Carvajal y del Camino". Mujeres en la Ciencia. Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2018. Consultado o 2 de xaneiro de 2018. 
  2. "Laura Martínez de Carvajal, la primera cubana en convertirse en médico". Cubadebate. 19 de agosto de 2014. Consultado o 2 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén

Bibliografía

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!