Ten 192 cm de altura e 50 cm de diámetro, con forma cónica e base cadrada. Na súa superficie aparecen unha vintena de cazoletas gravadas, xunto a varias marcas en forma de ángulo e dúas liñas serpeantes.
Dende a súa descuberta en 1958 permaneceu tirada no chan durante algúns meses e foi levantada por arqueólogos do Museo de Pontevedra.[cando?]
Cumpría a función de pedra de termo entre as parroquias de Gargantáns e Santa Xusta de Moraña. O concello de Moraña adoptouno como peza representativa no escudo do concello.