Lamont Alexander "Monty" Hamilton, nado o 6 de abril de 1984 en Brooklyn, Nova York, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional.
Traxectoria profesional
Hamilton comezou a súa carreira coma profesional en 2007 no Basquet Inca da Liga LEB Ouro. En 2008, fichou polo Tenerife CB da LEB Ouro. En 2009, asinou co Paris-Levallois Basket da LNB Pro A francesa.
En xullo de 2012, asinou un contrato dun ano co Bilbao Basket da Liga ACB.[1] Co Bilbao foi incluído no segunda mellor equipo da EuroCup en 2013.[2]
En xuño de 2013, asinou un contrato de dous anos co Saski Baskonia da Liga ACB.[3] En decembro de 2014 deixou o Baskonia tras xogar 47 partidos.[4] O 31 de decembro de 2014, asinou co Krasny Oktyabr ruso para o resto da tempada.[5]
O 22 de xullo de 2015, asinou un contrato dun ano co Beşiktaş JK turco.[6]
On 20 de agosto de 2016, asinou co Ryukyu Golden Kings da B.League xaponesa.[7]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas