Lago Teshekpuk

Modelo:Xeografía físicaLago Teshekpuk
Imaxe
Tipolago Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
División administrativaAlasca, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Mapa
 70°34′17″N 153°30′50″O / 70.5714, -153.514

O lago Teshekpuk (en inglés: Teshekpuk Lake; en inupiaq: Tasiqpak), é un lago na costa ártica do estado de Alasca (Estados Unidos), ao sur de Pitt Point, a 19 km ao leste da baía de Harrison, e a 130 km ao leste de Point Barrow.[1][2]

Ten unha superficie de 830 km,2 unha lonxitude de 45 km, e un ancho de 35 km.[1]

O lago está situado dentro dos terreos asignados á Reserva Nacional de Petróleo.[1]

Etimoloxía

O seu nome provén da lingua iñupiaq Tasiqpak, rexistrada por Rochfort Maguire como Tasok-poh en 1854, que significa "gran lagoa", "gran auga costeira pechada" ou "gran lago costeiro".[2][3]

Outros nomes

Tamén é coñecido como:[2]

  • Lago Teshekpuk
  • Lago Tasekpuk
  • Lago Tasirkpuk
  • Tasyukpun
  • Tasiqpak

Fauna

O lago Teshekpuk é ben coñecido pola súa densa concentración de vida salvaxe. A rexión alberga unha gran variedade de especies árticas, incluíndo un rabaño de caribús con 64 000 individuos, e un gran número de aves migratorias e acuáticas. Entre as especies de peixes presentes no lago están Coregonus nasus, Coregonus autumnalis, Oncorhynchus tshawytcha, Oncorhynchus keta, Salvelinus namaycush, Salvelinus malma e Lota lota.

O lago tamén é un santuario para a vida salvaxe durante o verán, as súas augas profundas proporcionan protección para até 35 000 de Anser albifrons e 37 000 de Branta bernicla, que representan o 20-30 por cento do poboación do Pacífico a principios do século XXI. Ademais, as zonas húmidas circundantes serven de hábitat para numerosas aves costeiras migratorias, como o eider de anteollos (Somateria fischeri), e para os lemmings e é o lugar de parto dun rabaño de case 70 000 caribús. O feito de que o lago sexa utilizado por tantos animais levou a algúns ecoloxistas a afirmar que o lago Teshekpuk e os seus arredores constitúen o complexo de zonas húmidas máis importante do Ártico.[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Teshekpuk Lake na Enciclopedia Británica.
  2. 2,0 2,1 2,2 "Teshekpuk Lake". Geographic Names Information System. United States Geological Survey, United States Department of the Interior.
  3. "Cold Regions Lake and Landscape Research: Teshekpuk Lake Observatory" Arquivado 15 de decembro de 2016 en Wayback Machine.. USGS Alaska Science Center.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!