O lago Peipus (en estoniano: Peipsi-Pihkva järv; en ruso: Псковско-Чудское озеро (Чудско-Псковское озеро)) é un gran lago situado na fronteira entre Estonia e Rusia. É o quinto lago máis grande de Europa.
Cobre unha superficie de 3500 km² e ten unha profundidade media 7 m, situándose o punto máis fondo a 15 m.[1][2] O lago emprégase para a pesca e as actividades recreativas, se ben sofre graves detorioracións ambientais por mor dos complexos industriais rusos situados na súa beira.
Descrición
O lago Peipus é o remanente dun corpo de auga que existiu na área durante a era glacial.
O lago ten varias illas e consiste en tres partes:
- Lago Peipsi / Chudskoye (en estoniano: Peipsi järv, en ruso: Чудское озеро), parte norte, cunha área de 2611 km² (73%)
- Lago Pihkva / Pskovskoye (en estoniano: Pihkva järv, en ruso: Псковское озеро), parte meridional, con 708 km² (20%)
- Lago Lämmi / Tyoploye (estoniano: Lämmijärv, en ruso: Тёплое озеро), estreito que conecta ambas as dúas partes, con 236 km² (7%)
Historia
En 1242, a parte sur do lago Peipus foi o escenario dunha importante batalla en que os cabaleiros teutóns foron derrotados polas tropas rusas de Novgorod lideradas por Aleksandr Nevskii. A batalla tamén destaca porque tivo lugar principalmente sobre a superficie xeada do lago, polo que tamén foi coñecida como batalla sobre o xeo.[3][4]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas