La Propaganda (Vigo)

La Propaganda

Editar o valor en Wikidata
Fundación1881
Lingualingua castelá
LocalidadeVigo
editar datos en Wikidata ]

La Propaganda foi un semanario publicado en Vigo entre 1881 e 1885.

Historia e características

Subtitulado Revista semanal consagrada a la defensa e ilustración de la clase obrera, apareceu o 31 de xullo de 1881. Saía á rúa todos os domingos. Publicación federalista de marcado carácter obreirista fundada por Ricardo Mella. Os seus redactores foron Ángel Bernárdez Rodríguez, Federico Rodríguez Arosa e Joaquín Nogueira Alonso. Fíxose popular entre o proletariado pola súa crítica ao sistema de cotas e redencións en metálico que regulamentaban o servizo militar, e pola súa defensa da participación política da clase obreira. Foi presentado no congreso sindical de Barcelona onde se fundou a Federación de Trabajadores de la Región Española, dando un xiro do republicanismo socialista ao anarquismo. En 1883 cambiou o seu subtítulo por Semanario social. Eco de la clase trabajadora.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!