La Pianiste é un filme franco-austríaco do ano 2001 dirixido por Michael Haneke e protagonizado por Isabelle Huppert e Benoît Magimel. O guión, escrito polo propio Haneke, é unha adaptación da novela do mesmo nome de Elfriede Jelinek, gañadora do Premio Nobel de Literatura no ano 2004.
Foi estreada o 14 de maio de 2001 no Festival de Cine de Cannes, onde conseguiu o Gran Premio do Xurado e a súa parella protagonista levou dous premios á mellor interpretación.
Sinopse
Erika Kohut é profesora de piano nun prestixioso conservatorio de Viena. Vive coa súa nai, unha muller dominante con quen mantén unha difícil relación de amor-odio. Baixo o seu aspecto serio e disciplinado oculta inesperados comportamentos sexuais de tendencia sadomasoquista. Despois de escoitala tocar nun concerto privado, o xove Walter Klemmer proponse conquistala.
Personaxes
Premios e nomeamentos
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas