Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
La Lucha.
La Lucha foi un semanario publicado en Ourense entre 1931 e 1932.
Historia e características
Subtitulado Órgano de la Agrupación Socialista y de la Federación Agraria de la Provincia, apareceu o 21 de agosto de 1931. De tendencia socialista moderada, foi voceiro da Agrupación Socialista. Dirixido por José Marcos Naval e impreso nos obradoiros tipográficos La Popular, ofreceu información e opinión política. Foi contrario aos comunistas, anarcosindicalistas, conservadores e galeguistas. Entre os seus colaboradores estiveron Edmundo Lorenzo Santiago, Alfonso Quintana Pena, Manuel Suárez Castro e Enrique Heraclio Botana, ademais das figuras do socialismo español Julián Besteiro e Manuel Cordero Pérez. Cesou a súa publicación o 2 de abril de 1932.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía