La Escoba

La Escoba
editar datos en Wikidata ]

La Escoba foi un periódico publicado en Soutomaior entre 1887 e 1888.

Historia e características

Apareceu o 17 de xullo de 1887 co subtitulo Barre todos los domingos, e no seu segundo ano cambiou o subtítulo por Barre una vez por semana. A pesar de publicarse en Soutomaior, dedicaba gran cantidade de espazo a Redondela. Fai pública demostración de republicanismo, vinculándose ao Partido Demócrata Progresista de Manuel Ruiz Zorrilla. Puido ser o seu director Antonio Orellana Pereira, aínda que non existe seguridade. Entre os seus colaboradores figuraron Agustín Iribarren, Jaime Martí Miquel, Manuel Matoses, Eduardo de Palacio e Juan Pérez Zúñiga.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2001). A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Redondela: Concello. pp. 21–24. ISBN 84-8302-720-8. 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!