Kung fu relata as aventuras dun monxe shaolín chamado Kwai Chang Caine (interpretado por David Carradine na súa situación de adulto, Keith Carradine como mozo e Radames Pera como cativo), que viaxaba a través do Vello Oeste dos Estados Unidos usando como únicas armas a súa destreza en artes marciais e a forza interior da súa filosofía de vida. O seu propósito era atopar ó seu medio irmán, Danny Caine, e comezar unha nova vida en familia, xa que Kwai Chang fuxira da China tras poñer ás autoridades na súa busca.
Keye Luke, como o mestre Po, e Philip Ahn, como o mestre Kan, eran tamén membros regulares da serie. David Chow, que tamén foi unha estrela invitada na serie, actuou como asesor técnico e de Kung fu, facendo máis adiante o papel máis comprometido de Kam Yuen.