McKidd naceu e foi criado en Elgin, no norte de Escocia. O seu pai era un fontaneiro e a súa nai, unha secretaria.[1] Asistiu á Escola Primaria Seafield e á Academia Elgin, e era membro do grupo local St Giles Group Theatre. Tentou estudar enxeñaría e foi á Universidade de Edimburgo, pero desistiu e matriculouse na Queen Margaret University en Edimburgo para estudar drama. Tamén se uniu á compañía de teatro estudantil da Universidade de Edimburgo, Bedlam Theatre.
McKidd está casado con Jane Parker e teñen dous fillos, Joseph e Iona. A familia reside nos Ánxeles durante a rodaxe de Grey's Anatomy.