Kecskemét é unha cidade situada no centro de Hungría. Kecskemét é a oitava cidade húngara en poboación e capital do condado de Bács-Kiskun.
Localización
Kecskemét sitúase a medio camiño entre a cidade de Budapest e Szeged, 86 km dende cada unha, e case á mesma distancia dos dous ríos máis importantes do país, o Danubio e o río Tisza.
Demografía
Kecskemét posúe unha poboación de 107.267 habitantes (2001). A maioría da poboación é húngara (95%), existindo pequenas comunidades de xitanos (0,8%); alemáns (0,4%) e eslovacos (0,2%).