O Kauffman Stadium (), a miñudo chamado "The K", é un parque de béisbol situado en Kansas City, Missouri (Estados Unidos). É o estadio local dos Kansas City Royals das Ligas Maiores (MLB). É parte do Complexo Deportivo Truman xunto co Arrowhead Stadium, lar dos Kansas City Chiefs da National Football League (NFL). Inaugurado en 1973 co nome de Royals Stadium,[1] o 2 de xullo de 1993 aquiriu o seu actual nome na honra de Ewing Kauffman, fundador e primeiro propietario da franquía. Actualmente, é o único estadio da Liga Americana que leva o nome dunha persoa e un dos únicos dez de toda a competición que non ten nome patrocinado por unha empresa.
O Kauffman Stadium foi construído especificamente para a práctica do béisbol nunha época na que o habitual era a construción de recintos multiúsos. Está considerado ademais, xunto co Dodger Stadium dos Ánxeles, como un dos mellores exemplos de estadio con deseño modernista. Con capacidade para 37.903 espectadores,[2] é o sexto estadio máis antigo da MLB. Con todo, entre 2007 e 2009 foi renoovado por valor de 250 millóns de dólares. Entre outros eventos, o estadio acolleu dous All-Star (1973 e 2012) e xogos de catro Series Mundiais (1980, 1985, 2014 e 2015).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas