Julen Bollain Urbieta, nado en Éibar o 28 de marzo de 1990, é un economista, político e investigador vasco especializado en renda básica incondicional. Foi electo nas eleccións autonómicas do 25 de setembro de 2016 por Elkarrekin Podemos na XI lexislatura do Parlamento Vasco.
Traxectoria
Naceu en Éibar o 28 de marzo de 1990 no seo dunha familia de clase media, vencellada historicamente coa industria eibarresa.
Carreira universtaria
Cursou estudos de licenciado en Administración e Dirección de Empresas na póla de recursos humanos na Universidade do País Vasco en Bilbao e na Université Saint-Louis en Bruxelas. Nada máis rematar a licenciatura completou con mérito un máster en Xestión Internacional e Relacións Internacionais na Oxford Brookes University (Inglaterra).
Ó ano seguinte de rematar a súa estadía en Oxford, obtivo o Goethe-Zertifikat de alemán polo Instituto Goethe, dominando así o éuscaro, o castelán, o inglés, o francés e o alemán.[1]
No ano 2015 comezou un doutoramento en Integración Económica baixo a dirección de Daniel Raventós e Jesús Ferreiro sobre a renda básica incondicional, escribindo varios artigos, impartindo parolas e formacións e asistindo a congresos tanto nacionais e como internacionais.[2]
Carreira profesional
Logo de ter rematado o máster e dando así por finalizada a súa estadía en Oxford en setembro de 2013, comeza a súa carreira profesional na empresa privada. Durante dous anos exerce os labores de director de exportacións nunha empresa do sector metalúrxico.
Traxectoria política
Participou no movemento 15M, nas asembleas realizadas en Bilbao no 2011, e na Marcha Popular Indignada o 8 de outubro do mesmo ano en Bruxelas.
Forma parte de Podemos dende os seus comezos e é o secretario xeral deste partido en Éibar dende o 2 de xaneiro de 2015 logo de ter sido elixido pola militancia cun 55% dos votos.[3]
Presentouse ás eleccións autonómicas do País Vasco de 2016 por Elkarrekin Podemos, obtendo o acta de parlamentario o 21 de outubro de 2016.[4] Converteuse no parlamentario máis novo da XI lexislatura.[5]
Publicacións
Revista Vasca de Economía Social
Tese
Notas